A investigadora Thais Pousada participa na IV Semana Internacional Caepat
30/05/2019
A investigadora do CITIC Thais Pousada participou onte na IV Semana Internacional Ceapat, que se celebra durante esta semana e está organizada polo Centro de Referencia Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (Ceapat) do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
A investigadora presentou os principais resultados da súa tese, dirixida polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, sobre a aplicación de ferramentas de medida de resultados en produtos de apoio. A súa presentación xerou un interesante debate sobre o impacto que pode producir a prescrición da cadeira de rodas na vida da persoa usuaria.
A IV Semana Internacional Ceapat celébrase co lema ‘Con Ce de Capacidad’ e ten o obxectivo de poñer o acento na necesidade de que os produtos e servizos, as contornas, as persoas, as empresas e as administracións públicas sexan capacitantes, contribuíndo de forma efectiva a mellorar a capacidade funcional dunha sociedade máis incluínte.