17/03/2020
A investigadora do CITIC Wende Safari foi galardoada cun dos premios da Young Statistician Showcase Competition polo seu traballo Nonparametric estimation of mixture cure model when cure status is partially known, que se presentará na 30th International Biometric Conference (IBC). O acto celebrarase en Seúl do 5 ao 10 de xullo e nel presentaranse os 5 papers premiados a nivel mundial.
No seu traballo propóñense metodoloxías para analizar tempos de vida, por exemplo, ata a morte dun paciente por unha determinada enfermidade ou o fallo dun dispositivo por unha determinada causa, nun contexto totalmente novidoso, que é cando se sabe que algúns individuos están “curados” porque nunca experimentarán o evento de interese.