CITIC

A Universidade Senior da UDC visita o CITIC

06/06/2019

O CITIC recibiu esta mañá a visita dun grupo de alumnos e alumnas da Universidade Senior da UDC, o programa universitario de maiores da Universidade da Coruña dirixido a persoas de idade igual ou superior a 50 anos.

Os alumnos visitaron as instalacións do CITIC da man do seu subdirector, Javier Pereira. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do centro, os asistentes dirixíronse a cuberta do CITIC onde puideron coñecer o funcionamento dun sensor de predición de precipitacións desenvolto por investigadores do centro.

Posteriormente, no edificio CITIC 2 puideron coñecer o Centro de Proceso de Datos (CPD) e o seu funcionamento. A continuación, visitaron a sala Show Room onde se lles mostrou un sistema de monitoraxe dunha unidade de coidados críticos no ámbito médico e outros demostradores de tecnoloxía desenvolta no centro.

Por último, algúns dos asistentes tiveron a oportunidade de experimentar diferentes sensacións a través dunha contorna de realidade virtual, liña na que se está a traballar desde o grupo de investigación TALIONIS creando e probando contornas virtuais particulares e personalizadas.