CITIC

Lanzamento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal GRESINT, para a xestión intelixente de residuos

11/03/2024 - CITIC
  • Aberto o prazo de inscrición para a presentación do programa o próximo 14 de marzo en Santiago de Compostela 

A próxima semana presentarase en Santiago o Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) GRESINT, para a transformación dixital intelixente no proceso de clasificación de residuos, no que participa o CITIC da UDC.  

O acto terá lugar en Santiago de Compostela, o xoves 14 de marzo, na Axencia Galega de Innovación (GAIN) e poderase asistir previa inscrición (Jornada de lanzamento POCTEP Gresint), sendo o aforo limitado ata esgotar prazas. 

A xornada de lanzamento de GRESINT comezará ás 9:45 e contará coa participación do presidente de SOGAMA, Javier Domínguez, o coordinador rexional de POCTEP, Xosé Lago, e o coordinador POCTEP de coordinación e desenvolvemento rexional do Norte, Mário Guimarâes.  

Por parte do CITIC da UDC participarán os investigadores e profesores da Unversidade da Coruña, Miguel A. Rodríguez Luaces e Carlos Vázquez Regueiro.  

O programa inclúe unha conferencia sobre “DATACENTER LIPOR: dixitalización da xestión de residuos” e unha mesa redonda sobre “Intelixencia artificial aplicada a residuos”.  

O proxecto GRESINT está Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. 

O programa da xornada pódese descargar aquí.