CITIC
Laura Castro

Laura Castro dirixirá a Cátedra CICAS, creada pola UDC e Corunet

30/03/2022 – CITIC

A investigadora do CITIC Laura Castro dirixirá a Cátedra CICAS, creada recentemente pola Universidade da Coruña e a empresa Corunet co obxectivo de impulsar a ciencia aberta a través do software CAT00521. Así, a cátedra nace coa finalidade de tender pontes entre o persoal informático e científico para mellorar o software científico e contribuír á reproducibilidad da ciencia fomentado o acceso aberto a ese software.

O pasado 24 de marzo o reitor da UDC, Julio Abalde, e o administrador da empresa Corunet, Daniel Ramos, asinaron o convenio de creación da cátedra, cuxos obxectivos estratéxicos son poñer en valor a transcendencia do desenvolvemento de software como motor da I+D+i nos seus diversos campos; apostar pola calidade, a sustentabilidade e a transferencia efectiva á sociedade das ferramentas de software empregadas na investigación, contribuíndo ao fomento da novo paradigma industrial 4.0; promover o código e ciencia abertas e a colaboración entre a comunidade de desenvolvemento de software e a comunidade investigadora; e contribuír á consolidación da Coruña como un referente galego, nacional e internacional no ámbito do desenvolvemento de software e das TIC.

Neste marco, a cátedra realizará actividades formativas e innovadoras, de promoción e soporte á comunidade e de divulgación, entre outras accións.