CITIC

Luis Castedo renova o nomeamento no Consello Asesor Científico de CHIST-ERA

22/06/2018

O investigador do CITIC, Luis Castedo, acaba de renovar o seu cargo como membro do Consello Asesor Científico de CHIST-ERA. O programa CHIST-ERA, promovido pola Comisión Europea no marco do programa H2020 baixo o esquema ERA-NET, ten como obxectivo fomentar a cooperación e a coordinación de actividades e políticas de investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (ICT) dos Estados Membros e Asociados da UE.

Castedo acaba de participar na CHIST-ERA Conference 2018, que tivo lugar do 18 ao 21 de xuño en Helsinki. O evento reuníu a relevantes científicos da comunidade internacional para identificar e formular desafíos científicos e tecnolóxicos prometedores na fronteira da investigación co fin de refinar o contido científico da próxima convocatoria, que se abrirá en outubro de 2018. Así mesmo, tamén se traballou na selección dos tópicos entorno aos que xirará a convocatoria 2019.

O Consello Asesor Científico de CHIST-ERA está formado por expertos internacionais en ICT de organismos públicos de investigación, industria e outras entidades interesadas que contan cun alto perfil científico, experiencia en xestión da investigación e profundos coñecementos sobre a evolución das novas prácticas científicas.