CITIC

Marcos García presenta en Reino Unido dúas charlas sobre o seu traballo no tratamento de expresións multipalabra

23/12/2019

O investigador de CITIC Marcos García presentou recentemente en Reino Unido dúas conferencias sobre o seu traballo no tratamento de expresións multipalabra. Os traballos presentados foron “Contextualisation and semantic compositionality in vector spaces”, invitado polo Natural Language and Information Processing Group da University of Essex, e “Multiword expressions and compositionality in monolingual and cross-lingual distributional semantics”, invitado polo NLP Group da University of Sheffield.