CITIC

Marcos Ortega e Jorge Novo participan nun comité de expertos da prestixiosa Computational Intelligence Society (CIS) da IEEE

13/02/2020

Os investigadores do CITIC Marcos Ortega Hortas e Jorge Novo Buján foron invitados a formar parte do comité Task Force on Evolutionary Computer Vision and Image Processing da prestixiosa Computational Intelligence Society (CIS) de la IEEE.

O principal obxectivo deste grupo de traballo é promover a investigación sobre a visión por computador e o procesamento de imaxes, facilitando a transferencia de coñecementos e a colaboración a nivel internacional entre investigadores de diferentes disciplinas da IEEE CIS tales como Soft Computing, Computer Vision, Deep Learning, Medical Imaging, Pattern Recognition ou Signal Processing. Polo tanto, unha das súas principais tarefas é participar na organización de eventos relacionados tematicamente como, por exemplo, sesións e números especiais en conferencias e revistas relacionadas coas temáticas de traballo.

Neste sentido, actualmente ambos investigadores participan como editores invitados, coa colaboración do coordinador do grupo de traballo, na organización do número especial da revista Applied Sciences, titulado “Computer-aided Biomedical Imaging 2020: Advances and Prospects”.