CITIC

A delegada do CDTI en Bruxelas visita o CITIC para presentar o último programa de traballo H2020

30/04/2019

Marina Martínez, persoal destacado do CDTI (Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial) na oficina de Bruxelas (oficina SOST, Spanish Office for Science and Technology), visitará o CITIC entre o 8 e o 10 de maio co obxectivo de achegar o último programa de traballo de H2020 e o novo Programa Marco da Unión Europea, Horizon Europe.

O xoves 9 de maio terá lugar no CITIC a xornada “As TIC no novo programa de traballo 2020 del H2020“, o principal obxectivo será adiantar aos asistentes o último programa de traballo H2020 e analizar todos os tópicos do programa de ICT e de algúns retos sociais. Ademais, realizará unha exposición sobre o novo Programa Marco da Unión Europea, Horizon Europe, que se está acabando de definir.

Para o venres 10 de maio está prevista a celebración na sala Cloud do CITIC da xornada “O último programa de traballo de H2020 e introdución a Horizon Europe“,  organizada polo CITIC conxuntamente coa OTRI da UDC. Marina Martínez presentará de maneira máis global que na xornada do día anterior o último programa de traballo de H2020 e amosará as claves do Horizon Europe.

Marina tamén ofrecerá a conferencia “O panorama europeo en ciberseguridade: estratexia da Unión Europea; exemplos da xestión de incidentes”, orientada a alumnos do Máster universitario en Ciberseguridade MUNICS e a empresas especializadas no sector. Celebrarase o 8 de maio na sala Máster MUNICS do Edificio Área Científica da UDC.

Máis información na sección eventos da nosa web.