CITIC
20220531_123000

Medicina do sono e estatística aplicada ás finanzas, na terceira sesión dos Almorzos TIC Talk

31/05/2022 – CITIC

Este martes 31 de maio celebrouse no CITIC a terceira sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas ao persoal investigador do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira. Este novo encontro contou coa participación de Diego Álvarez e Rebeca Peláez, que foron presentados por Álvaro Leitao, membro da comisión de formación.

En primeiro lugar, Diego Álvarez realizou unha exposición sobre “Intelixencia artificial e medicina do sono”, explicando a súa liña de investigación e traxectoria no procesado do sinal médico aplicado a trastornos do soño. En concreto, este traballo proporciona ao equipo médico unha información máis detallada e interpretada para reducir así o tempo de diagnóstico.

A continuación, Rebeca Peláez falou de “Estatística aplicada ás finanzas”, expoñendo o seu traballo na estimación non paramétrica da probabilidade de mora en risco de crédito mediante técnicas de estimación da distribución condicional con datos censurados. Abordou a través de casos prácticos o problema que se pode atopar ao estimar a curva de probabilidade e como solucionalo.

Os Almorzos TIC Talk son unha iniciativa da comisión de formación do CITIC. Cunha periodicidade mensual, están expostos para compartir a investigación que se realiza no centro nun ambiente informal e teñen o fin de potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións entre o persoal investigador.