CITIC

Membros da UDC e do CITIC reúnense co grupo Vicus Gallaecia para falar sobre IA

07/07/2023 - CITIC

O grupo de empresarios Vicus Gallaecia reuniuse onte en Vigo con diversos membros da Universidade da Coruña; concretamente con Julio Abalde, reitor da UDC, Manuel G. Penedo, director do CITIC, e Amparo Alonso, catedrática da UDC.

Na reunión trataron a temática da Intelixencia Artificial e a súa regulación. Unha ferramenta imprescindible non só para as empresas tecnolóxicas, senón para o resto de sectores aos que acabará afectando de modo transversal.

 Ademais, os asistentes resaltaron a situación actual de Galicia contorna á IA, xa que a comunidade conta con todos os elementos para ser un referente global en Intelixencia Artificial aplicada ás empresas. Cabe ser nomeada a felicitación por parte dos empresarios ao reitor da UDC por conseguir para A Coruña e para Galicia a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, froito da colaboración institucional entre o Concello, a Xunta de Galicia e a Universidade.