24/02/2020
A investigadora do CITIC Minia Manteiga ingresará na Real Academia Galega de Ciencias o próximo 4 de marzo. A investigadora é a primeira catedrática de Astrofísica en Galicia e participa na Misión Espacial Gaia, un ambicioso proxecto da Axencia Espacial Europea que ten como obxectivo crear un mapa tridimensional da Vía Láctea.
O acto terá lugar no pazo de San Roque de Santiago a partir das 19:00 h. O discurso de Minia Manteiga levará por título “Gaia: O primeiro censo de estrelas da Vía Láctea en seis dimensións”.