CITIC

Nieves Brisaboa falou do impacto da IA na nosa sociedade na apertura do curso de verán da UDC “Traballando en lingua nas redes sociais”

17/07/2024 - CITIC

A Coruña, 17 de xullo de 2024.- A investigadora do CITIC da UDC, Nieves R. Brisaboa, foi a encargada de pronunciar a conferencia inaugural do XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, organizado pola Universidade da Coruña (UDC), co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo, na que especialistas analizarán o uso da lingua galega a través das redes sociais e o seu papel como canle de difusión e divulgación.

“O impacto das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial (IA) na nosa sociedade” foi o título da conferencia de Nieves Brisaboa, no inicio deste curso que busca analizar e deseñar estratexias e accións para pór en valor e incrementar o uso e a visibilidade do galego nas redes sociais; detectar e estudar problemas e preconceptos existentes arredor do uso da lingua galega e valorizar o idioma e a cultura propia como recurso de interese para actividades e proxectos nados das redes sociais.

Podes consultar toda a información do curso en:  https://www.udc.es/gl/novas/Arranca-en-Carballo-o-curso-de-veran-da-UDC-Traballando-en-lingua-nas-redes-sociais-no-que-se-prestara-especial-atencion-ao-papel-da-IA/