Nieves R. Brisaboa participa no ciclo “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”
03/11/2020 – CITIC
A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa participará o próximo 17 de novembro no ciclo de coloquios “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”, que se desenvolverán de xeito online ao longo das vindeiras semanas. Esta actividade está organizada polo IGADI co apoio do Concello da Coruña.
O coloquio no que participa a investigadora do CITIC terá o martes 17 de novembro e tratará sobre “Fase Atlántica: O mar, a cultura e a ciencia na Coruña global”. Xunto a ela, participarán o Presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Felipe Senén; a música do grupo BALA, Ánxela Baltar; e a escritora e xestora cultural Yolanda Castaño.
Este ciclo propón o impulso do desenvolvemento das Bases de Acción Exterior A Coruña e promover a idea da cidade internacional relacionando a Axenda 2030 de Nacións Unidas e a Axenda Urbana do Concello da Coruña.
Durante as diferentes xornadas contarase coa participación de xornalistas, artistas, académicas, técnicos, activistas sociais, empresarios e intelectuais que tratarán de dar forma aos contidos da Coruña internacional na década dos 20.
O ciclo poderase seguir en directo a través da canle de Youtube do IGADI.