CITIC
10 Desayunos TIC TALK_web

Nova edición dos almorzos TIC TALK cos investigadores Jorge Castiñeiras e Manuel Santamariña

25/04/2023 – CITIC

Este martes, 25 de abril, tivo lugar no CITIC unha nova edición dos Almorzos TIC Talk, celebrados os últimos martes de cada mes na sala Cloud do centro.

En primeiro lugar, Jorge Castiñeiras Rella, coa súa charla “Cost-sensitive learning for financial fraud detection”, falou sobre a súa tese industrial, na que estuda técnicas cost-sensitive para obter patróns de fraude de falta de pagamentos.

Pola súa banda, Manuel Santamariña Ruíz de León presentou “Mamá, son desenvolvedor!: Unha ollada rápida ao mundo do software”, na que explicou o traballo de desenvolvedor de software nas distintas fases dun proxecto como a procura de tecnoloxía que se adecúe ás necesidades do proxecto e as fases de implementación e despregamento. Tamén explicou os distintos roles desempeñados por cada membro dos equipos de traballo deste tipo de proxectos.

A sesión estivo moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC David Vilares.

Os Almorzos TIC Talk reúnen mensualmente a persoal investigador do CITIC que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira investigadora coa finalidade de promover a investigación colaborativa nun ambiente distendido.

Jorge Castiñeiras Rella
Manuel Santamariña Ruíz