
O CITIC acolle a presentación do equipo IT MASMOVIL para estudantes de Informática interesados en realizar os TFM e TFG no grupo
O Centro de Investigación en TIC, CITIC, acolleu esta mañá a presentación online do equipo IT do grupo MASMOVIL, unha acción organizada no marco da Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo. O director do CITIC, Manuel Penedo, presentou a iniciativa e deu paso a Ravin Dhalani e Mikel Fernández, membros do equipo de IT do grupo MASMOVIL. Ambos presentaron ao alumnado o departamento de desenvolvemento de software da compañía e afondaron nas posibilidades que existen de formar parte do seu equipo.