CITIC

Nova edición dos Premios de Investigación da SCIE e a Fundación BBVA

04/01/2019

A Sociedad Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA convocan a terceira edición dos seus Premios de Investigación, integrados por dúas modalidades: os Premios Nacionais de Informática, que recoñecen a labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área da informática que se dedican a esta disciplina, e a modalidade Novos Investigadores Informáticos, que distingue traballos doutorais innovadores e relevantes, premiando a investigadores durante os primeiros anos da súa profesión.

A súa vez, os Premios Nacionais de Informática están divididos en catro categorías (Premio José García Santesmases, Premio Aritmel, Premio Ramón Llull e Premio Ángela Ruiz Robles), e concédese un premio en cada unha delas.

A modalidade Novos Investigadores Informáticas inclúe diferentes áreas temáticas: arquitectura e tecnoloxía de computadores, ciencias da computación e intelixencia artificial, lenguaxes e sistemas informáticos.

Cabe destacar que na anterior edición, o investigador do CITIC Ramón Doallo obtivo o Premio Nacional de Informática na modalidade Premio Aritmel e, pola súa parte, o investigador David Vilares foi galardoado co Premio Novo Investigador Informático.

A convocatoria está aberta ata o próximo 28 de febreiro.

Máis información