20/04/2022 – CITIC
O Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora do CITIC Susana Ladra, organiza a xornada “Cultura Dixital: capacidades, retos e oportunidades non Sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia”, que terá lugar o venres 22 de abril de 2022 a partir das 9:30 h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A axenda do evento inclúe a participación das investigadoras do CITIC Margarita Alonso e Ángeles Saavedra.
A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC) colaboran na organización da xornada, que ten como obxectivo a posta en común das diferentes capacidades dos grupos de investigación do Sistema de Ciencia e Tecnoloxía galego no campo da transición dixital na cultura e o patrimonio, así como a identificación dos retos e oportunidades aos que facer fronte.
Trátase dun evento aberto e as persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición antes do día 20 de abril a través do seguinte formulario.