O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña recibiu este martes 11 de marzo a visita dunha vintena de estudantes de primeiro e segundo de bacharelato do IES Agra do Orzán.
O alumnado puido achegarse in situ ás capacidades do centro nun percorrido que destacou as súas avanzadas instalacións e proxectos. Unha experiencia formativa coa que o Centro busca espertar vocacións científicas e tecnolóxicas, achegando aos mozos e mozos aos retos e oportunidades que ofrece a investigación no campo da ciencia e a tecnoloxía.
O CITIC reafirma o seu compromiso coa divulgación e o fomento das vocacións tecnolóxicas, especialmente a través de actividades que integran estudantes de diferentes niveis educativos e promoven o interese polo coñecemento en tecnoloxía e innovación.