CITIC
Foto_Inspira STEAM Coruña_2feb

O CITIC acolle a formación de mentoras do programa Inspira STEAM A Coruña

02/02/2022 – CITIC

Este mércores 2 de febreiro o CITIC acolleu a xornada formativa dirixida a mentoras e mentores do programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022. Esta formación diríxese a profesionais do ámbito académico, investigador e empresarial e foi impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas. O nodo Inspira STEAM A Coruña está coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón.

Unha vez realizada a xornada formativa, desenvolveranse diferentes sesións de traballo en centros educativos da provincia da Coruña co fin de facilitar ao alumnado novos referentes de mulleres científicas e tecnólogas, dar a coñecer as profesións STEAM, sensibilizar e orientar sobre os estudos en ciencia e tecnoloxía, visibilizar e poñer en valor ás mulleres STEAM da historia, así como dar a coñecer os estereotipos existentes nestas áreas para que non condicionen as decisións de nenas e nenos.

O nodo Inspira STEAM A Coruña conta tamén co apoio do Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora do CITIC Susana Ladra.