O CITIC acolle a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 A Coruña
03/06/2022 – CITIC
O vindeiro xoves 23 de xuño celebrarase na sala Cloud do CITIC a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña. No acto compartiranse os resultados obtidos nesta primeira edición do programa, coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón e que conta co apoio Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.
O programa Inspira STEAM busca fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude a través de sesións de traballo en centros educativos de educación primaria e secundaria da provincia, coa finalidade de facilitar ao alumnado novos referentes de mulleres científicas e tecnólogas, dar a coñecer as profesións STEAM, sensibilizar e orientar sobre os estudos en ciencia e tecnoloxía, visibilizar e poñer en valor ás mulleres STEAM da historia, así como dar a coñecer os estereotipos existentes nestas áreas para que non condicionen as decisións de nenas e nenos.
No acto de peche, as mentoras/es e titoras achegarán as súas impresións en canto ao proxecto, e presentarase a segunda edición, abrindo a convocatoria a novas mentoras e centros educativos.
Programa:
11:00 h.- Apertura: Verónica Bolón, coordinadora de Inspira STEAM na provincia de A Coruña. Interveñen:
– María José Lombardía, vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC
– Ana Neira, directora da Oficina de Igualdade da UDC
– Susana Ladra, directora do Campus Innova da UDC
11:30 h.- Resultados da I edición de Inspira STEAM A Coruña e presentación da II edición. Intervén:
– Verónica Bolón, coordinadora de Inspira STEAM A Coruña
11:45 h.- Mesa redonda: mentoras/es Inspira STEAM A Coruña e titoras. Interveñen:
– Sara Guerreiro, mentora no CPR Valle Inclán de Ferrol
– Manuel F. Herrador, mentor no Colexio Eirís da Coruña
– Vanessa Valdiglesias, mentora no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña
– Cory Gajino, titora de 6º A no Colexio Eirís
– Ana Regueira, titora de 1º ESO D no IES Ramón Menéndez Pidal
12:15 h.- Clausura: Verónica Bolón, coordinadora de Inspira STEAM A Coruña
– Entrega de diplomas a mentoras/es e centros
Ao remate do evento haberá un café para fomentar o contacto entre as persoas participantes.
Para asistir ao acto, é preciso cubrir o seguinte formulario antes do martes 7 de xuño: https://forms.office.com/r/mPzCXV2Xkg