CITIC
JITEL_WEB

O CITIC acollerá do 27 ao 29 de outubro as XV Xornadas de Enxeñería Telemática

20/10/2021 – CITIC

As XV Xornadas de Enxeñería Telemática (JITEL 2021), organizadas polo CITIC e a Sociedade Científica de Enxeñería Telemática, terán lugar os días 27, 28 e 29 de outubro de 2021. 

As Xornadas constituirán un foro propicio de reunión, debate e divulgación para os profesionais que imparten docencia e investigan en temas relacionados coas redes e os servizo telemáticos.

Coa celebración deste evento preténdese fomentar, por unha banda, o intercambio de experiencias e resultados, e, por outro, a comunicación e cooperación entre grupos de investigación que traballan en temas relacionados coa telemática.

En paralelo ás tradicionais sesións dos congresos científicos, organizaranse actividades que estimulen o intercambio de ideas entre o persoal investigador experimentado e novel.

Máis información: https://jitel21.udc.es/

PROGRAMA

Mércores 27 de outubro

  • 8:30 h – 9:00 h.- Rexistro
  • 9:00 h – 9:50 h.- Sesión Inaugural:
    • Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso. 
    • Director Xeneral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais, Arturo Azcorra Saloña. 
    • Director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), Manuel Francisco González Penedo.
    • Presidente do Comité do Programa das XV Xornadas de Enxeñería Telemática (JITEL21), Víctor Manuel Carneiro Díaz.9:50 h – 11:30 h.- Sesión X1M RD1
  • 11:30 h – 12:00 h.- Pausa café
  • 12:00 h – 14:00 h.- Sesión X2M RD2
  • 14:00 h – 15:30 h.- Comida
  • 15:30 h – 17:30 h.- Sesión X3T Misc
  • 17:30 h – 18:00 h.- Pausa café
  • 18:00 – 18:30 h.- Best Paper Award
  • 18:30 h – 21:30 h.- Asamblea de socios  SCITEL-ATE

Xoves 28 de outubro

  • 9:00-11:00 Sesión J1M DT
  • 11:00-11:30 Pausa café
  • 11:30-14:00 Sesión J2M MSSD
  • 14:00-15:30 Comida
  • 15:30-17:30 Sesión J3T AS
  • 17:30-21:00 Visita guiada a A Coruña
  • 22:00 Cena de gala

Venres 29 de outubro

  • 9:00-11:00 Sesión V1M1 VRS
  • 9:00-11:00 Sesión V1M2 SRS1
  • 11:00-11:30 Pausa café
  • 11:30-12:30 Sesión V2M SRS2
  • 12:30-14:00 Sesión V3M RNG
  • 14:00 Clausura e comida