CITIC
Formación_HRS4R (1)

O CITIC acolle unha formación sobre o selo de excelencia en Recursos Humanos en Investigación HRS4R

19/01/2022 – CITIC

O CITIC realizará unha sesión formativa sobre o selo de excelencia en Recursos Humanos en Investigación HRS4R, impartido pola técnica da OTRI da UDC Sonia Carné. A sesión está dirixida a toda a comunidade do CITIC e terá lugar o vindeiro martes 25 de xaneiro ás 11:00 h no centro; tamén poderá seguirse de forma telemática a través de Teams.

A formación abordará que é o selo HRS4R (Human Resources Strategy for Researchers), como se está implementando na Universidade da Coruña e en que afecta ao labor profesional do persoal na UDC.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través deste formulario.

A acreditación HRS4R foi concedida á UDC en 2017, reflectindo o seu compromiso para implementar procedementos transparentes de contratación e de avaliación do seu persoal investigador. Previamente, como parte do compromiso de atraer o mellor talento investigador, en 2016 a UDC adheriuse á Carta europea de investigadores e ao Código de conduta para a contratación de investigadores, que establecen os dereitos e obrigacións do persoal investigador e as institucións que os empregan e financian a aplicar procedementos de contratación transparentes e xustos.

Así, o logo “HR Excellence in Research” ofrece recoñecemento público ás institucións de investigación que progresaron en aliñar as súas políticas de recursos humanos cos principios definidos na “Carta e o Código” (Charter & Code).