07/09/2018
O CITIC acaba de asociarse á ECHAlliance (European Connected Health Alliance – Alianza Europea de Saúde Conectada), unha plataforma tecnolóxica da Unión Europea focalizada no ámbito da saúde.
Trátase dunha rede presente en máis de 40 países e formada por máis de 300 organizacións (tamén de América e Asia), que agrupa a investigadores, empresas e outras entidades, co obxectivo de conectar ecosistemas de I+D+i en saúde do ámbito europeo e internacional e, desta forma, desenvolver solucións innovadoras arredor desta área: IoT, wearables, Big Data, etc.
O representante do CITIC na ECHAlliance será o investigador Marcos Ortega Hortas, pertencente á área de Percepción, Cognición e Interacción do CITIC.