CITIC
Cartel_web

O CITIC colabora co II Encontro Makers pola Discapacidade Física e Orgánica

20/04/2022 – CITIC

O próximo 22 de abril, de 9:30 h a 13:00 h, terá lugar o II Encontro Maker pola Discapacidade Física Orgánica en formato en liña a través de Youtube. O evento está organizado pola Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de Castela e León, e conta coa colaboración da Universidade de Burgos e do CITIC da Universidade da Coruña.

A investigadora Thais Pousada participará na mesa de apertura, en representación do CITIC, e impartirá un taller sobre deseño de produtos de apoio en 3D ás 12:00 horas.

O encontro está exposto como un espazo de aprendizaxe compartida, sinerxias e colaboración entre terapeutas ocupacionais, enxeñeiros/ as, makers particulares, asociacións makers sen ánimo de lucro e organizacións de persoas con discapacidade física e orgánica.

Os/ as asistentes poderán coñecer diferentes alternativas para a elaboración de produtos e tecnoloxías de apoio de baixo custo, en concreto, para as actividades sexuais. Tamén se realizarán mesas redondas sobre Fablabs e abordaxes de retos makers. Os/ as interesados/ as en asistir deben inscribirse previamente a través desta LIGAZÓN.

Descargar programa