CITIC

O CITIC colabora coa Unidade de Divulgación Científica da UDC no Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha acción para escolares

11/02/2021 – CITIC

A Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña puxo en marcha unha acción dirixida a escolares de educación primaria e secundaria con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A través de pezas audiovisuais nas que participan diferentes investigadoras da UDC, ponse en marcha un sorteo dunha visita a un dos centros de investigación da UDC, entre os que se atopa o CITIC.

As investigadoras do CITIC que participan nos vídeos contando a súa traxectoria científica e vital, anécdotas e logros profesionais son Susana Ladra, Verónica Bolón, Laura Castro e Beatriz Pérez.

Esta iniciativa, chamada “Atrévete a pescudar con elas!”, ten o obxectivo de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica entre escolares e visibilizar o papel das mulleres na ciencia. Así, búscase que os centros visualicen estes vídeos e o alumnado participe enviando as súas preguntas ás científicas para ter a oportunidade de realizar unha visita a un dos centros de investigación da UDC.

Vídeo Educación Primaria

Vídeo Educación Secundaria