CITIC

O CITIC colabora na Maker Faire Galicia

17/11/2020 – CITIC

O CITIC colabora na organización da Maker Faire Galicia, que se desenvolverá do 18 ao 22 de novembro. Maker Faire Galicia é a maior Maker Faire da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados. Esta sexta edición celebrarase nun formato totalmente online e será novamente un punto de encontro para a creatividade e o enxeño, nun programa variado coa participación de especialistas en distintas áreas de coñecemento, no que se compartirán contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.

O CITIC participará cun stand virtual na xornada de portas abertas, no que presentarán proxectos nos que se atopan investigando os equipos do centro. Ademais, diferentes investigadores expoñerán os seus proxectos nas xornadas profesionais e ofrecerán diferentes charlas divulgativas e talleres.

Programa

  • 18 e 19 de novembro: O mundo maker e a industria en sectores como a aeronáutica, a automoción, a alimentación, a enerxía, a saúde e a economía circular.
  • 20 de novembro: Xornada sobre educación e centrada en tecnoloxía, innovación educativa e inclusión.
  • 21 e 22 de novembro: Xornadas abertas a público xeral, con contido moi diverso relacionado coa robótica, ciencia, do it yourself, arte, música e gaming, entre outros.

Xornadas profesionais

Nas xornadas profesionais da industria e sobre educación, que terán lugar os días 18, 19 e 20 de novembro, participarán os seguintes investigadores presentando os seus proxectos de forma virtual:

  • “Open source monitoring system for IT infrastructures incorporating IoT-based sensors”: Alejandro Mosteiro
  • “Design and implementation of a physical Bitcoin coin”: Aberto Femenías
  • “Designing an Open Source Virtual Assistant”: Miguel Anxo Pérez Vil
  • “Sistema automático de control de radon”: Alberto Alvarellos
  • “Aplicación móbil para a análise do desenvolvemento de habilidades motoras na infancia”: Paula Castro
  • “Un sistema multiaxente intelixente e colaborativo nunha contorna en 3D”: Alejandro Rodríguez Arias
  • “Micro:bit para a rehabilitación en parálise cerebral”: Adriana Dapena
  • “Behavioral authentication system base don AI for touch-screen devices”: Arturo Silvelo Pallín
  • “IA para secundaria e bacharelato”: Francisco Bellas Bouza

Charlas divulgativas e talleres

O investigador do CITIC Vicente Moret participará como moderador e speaker na mesa redonda “Tecnoloxías para o mundo 5.0”. Tamén participará como conferenciante en dous talleres interactivos para público novo: “Aventuras matemáticas” e “O misterio da mecánica cuántica”.

A investigadora do CITIC Thais Pousada ofrecerá a charla “Solucións de baixo custo para a independencia na diversidade funcional” o 22 de novembro. Nesta charla ofreceranse diferentes alternativas de baixo custo, ideas e recomendacións para o deseño e elaboración de produtos de apoio, información interesante tanto para as persoas que teñen este tipo de dificultades no seu día a día e as súas familias, como para o público xeral.

Máis información