CITIC
Code BEAM Lite A Coruña

O CITIC colabora no Code BEAM Lite A Coruña

25/05/2022 – CITIC

O CITIC colabora na primeira edición do Code BEAM Lite A Coruña 2022, un evento formativo e divulgativo dirixido a profesionais e estudantes que queiran coñecer as máis recentes novidades e traballos, tanto profesionais como de investigación, orientados á comunidade da plataforma de código aberto BEAM. A conferencia terá lugar o próximo 11 de xuño no Reitorado da UDC.

A investigadora do CITIC Laura Castro forma parte do comité organizador do encontro, que está “exposto para ser non só un foro de encontro para a comunidade BEAM galega e española, senón que tamén nos permitirá gozar da presenza de profesionais de prestixio internacional sen ter que desprazarnos fóra do país, como é habitual”, segundo indican desde a organización.

Estas xornadas servirán para compartir coñecemento e inspirar a descubrir o futuro do ecosistema Erlang e Elixir, linguaxes de programación que están detrás de produtos como WhatsApp, Pinterest, Spotify e Discord.

A asistencia é gratuíta, previa inscrición, antes do 1 de xuño.

Máis información e inscricións en: https://www.codebeamcorunha.es/es