CITIC

O CITIC colabora no proxecto de análise da distribución de CO2 nas dependencias da UDC

03/02/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Carlos J. Escudero coordina un proxecto para analizar a distribución do CO2 en aulas e dependencias da UDC, que pretende obter modelos sobre o seu comportamento e determinar cal é o ACH (Air Changes per Hour). Desta forma, búscase garantir a calidade do aire nos interiores da universidade para proporcionar espazos seguros fronte ao COVID-19 e contribuír a longo prazo a unha maior eficiencia enerxética.

O estudo está enmarcado dentro do proxecto CEDCOVID (Ciencia e Enxeñaría de Datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19), liderado polo investigador do CITIC Ricardo Cao. O traballo estase levando a cabo en colaboración co Servizo de Informática e Comunicación (SIC) e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL).

Ata o momento colocáronse catro estaciones de recolleita de datos que contan con 57 sensores capaces de medir CO2, temperatura, humidade e presión atmosférica, que se situarán en diferentes espazos como aulas de exames presenciais, centros de estudo, bibliotecas e cafeterías.