CITIC

O CITIC colabora no Welcome Tomorrow Challenge

30/10/2020 – CITIC

O CITIC colabora na organización do Welcome Tomorrow Challenge xunto con Kelea e o Máster UDC en Innovación e Estratexia Dixital. Trátase dun espazo que une formación e creatividade para dar resposta aos retos das organizacións, apoiándose no talento dos alumnos do Máster UDC en Innovación e Estratexia Dixital para testear, explorar e deseñar potenciais solucións.

A través dun proceso estruturado, catro equipos de traballo formados por alumnos do máster deseñan solucións para retos propostos por catro empresas tractoras. O CITIC encargarase de proporcionar asesoramento tecnolóxico aos equipos. Os mentores principais por parte do CITIC son os investigadores Tiago Fernández e Susana Ladra, co apoio dun equipo de profesionais do centro.

A primeira xornada terá lugar este sábado e a xornada de presentación de resultados realizarase dentro de aproximadamente un mes.