15/10/2021 – CITIC
O programa “Prepara a túa candidatura para ERC”, organizado polo CITIC en colaboración con FEUGA, ofreceu unha nova sesión este mércores 13 de outubro, continuando coa serie de workshops “Casos de éxito e experiencias de beneficiarios de ERC”.
Nesta ocasión, o investigador da Universidade Pompeu Fabra, Gegely Neu, presentou o seu proxecto Starting Grant “Provably Efficient Algorithms for Large-Scale Reinforcement Learning (ScaleR)”, que deu comezo o pasado 1 de outubro e desenvolverase durante o próximos cinco anos. O investigador ha explicado os puntos clave do proxecto, así como a súa experiencia persoal na preparación da proposta.
O programa “Prepara a túa candidatura para ERC”, que deu comezo o pasado mércores 6 de outubro, ten o fin de dar apoio ao persoal investigador canto á presentación de candidaturas para convocatorias do European Research Council (ERC). A próxima semana terá lugar a última sesión; será unha mesa redonda con persoal investigador da UDC que foi beneficiario de proxectos da ERC.