CITIC

O CITIC ofrece un taller de robótica para nenos e nenas inmigrantes en colaboración coa ONG Equus Zebra

18/07/2018

O CITIC organizou esta mañá o “Taller de programación visual gráfica con scratch e makey makey” para nenos e nenas inmigrantes, colaborando coa ONG coruñesa Equus Zebra. Asistiron ao obradoiro, impartido polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, e demais personal do centro, unha vintena menores con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. Os pequenos puideron coñecer algúns dos avances levados a cabo neste ámbito e probalos en primeira persoa a través de diferentes xogos.

Con esta acción, o CITIC quere acercar as TIC e espertar o interese por elas por parte dos máis pequenos, ademais de colaborar coa ONG local na integración de persoas en risco de exclusión social.