O CITIC organiza a xornada Aspectos prácticos da preparación de propostas en Horizon Europe
Os próximos 18 e 19 de outubro o CITIC organiza unha xornada sobre os aspectos prácticos da preparación de propostas en Horizon Europe de cara ás novas convocatorias de 2024.
Nestas sesións participarán Marina Martínez, responsable sénior de programas europeos do CDTI en Bruselas; Sabina Guaylupo, Project Manager en FECYT e Cofundadora e responsable de privacidade da iniciativa mydatamood; e María Luisa Pérez Aliende, da Universidade Autónoma de Madrid.
Na xornada do mércores 18, Marina Martínez explicará as convocatorias de 2024 nos Pilares II e III, detallando información sobre elexibilidade e áreas temáticas clave. Esta sesión comezará ás 9:15 na Sala Cloud do CITIC. Pola tarde, continuará a partir das 16:00 en Nordés Club Empresarial.
O xoves 19, na Sala Cloud do CITIC, Sabina Guaylupo e María Luisa Pérez Aliende enfocaranse no marco de actuación para mellorar a participación en Horizonte Europa, compartirán o marco ético e boas prácticas na xestión de datos para enriquecer as propostas en HE.
A inscripción da xornada pódese facer a través desta ligazón.
PROGRAMA
Mércores 18 de outubro
Taller 1: Convocatorias 2024 de Horizon Europe – Sala Cloud do CITIC
09:15 – 09:45 Recepción de asistentes
09:45 – 10:00 Benvida a cargo de Manuel Penedo, director do CITIC
10:00 – 10:15 Horizon Europe: Revisión de políticas asociadas e overview sobre as novidades estratéxicas, Marina Martínez.
10:15 – 11:45 Oportunidades de participación nas convocatoria de 2024 de Horizon Europe, no Pilar II de clústers temáticos:
- Cluster-I: Health
- Cluster-II: Inclusive Society (Human & Social Sciences)
- Cluster-III: Civil Secure Society (incluye Gestión de catástrofes y resilencia. Seguridad de infraestructuras críticas. Ciberseguridad)
- Cluster-IV: Digital and Industry (incluye Space)
- Cluster-V: Climate, Energy and Mobility
- Cluster-VI: Food and Natural resources
Incluirá información sobre os principais eventos europeos nos próximos meses
11:45 – 12:15 Pausa café – networking
12:15 – 13:30 Continuación da sesión dos clústeres temáticos do Pilar II
Taller 2: Convocatorias 2024 de Horizon Europe – Nordés Club Empresarial
16:00 – 16:30 Recepción de asistentes
16:30 – 16:45 Benvida
16:45 – 17:45 Oportunidades de participación no Pilar III: EIC-Pathfinder / EU Innovation Systems
17:45 Café – networking
18:15 – 20:00 Posibilidade de reunións bilaterais coas persoas expertas
Xoves 19 de outubro
Taller 3: Como mellorar a participación en Horizon Europe – Sala Cloud do CITIC
09:15 – 09:30 Recepción de asistentes
09:30 – 11:30 Como enfocar a ética en Horizon Europe, Sabina Guaylupo (online)
11:30 – 12:00 Pausa café – networking
12:00 – 14:00 A xestión de datos en Horizon Europe, María Luisa Pérez Aliende
14:00 – 15:30 Xantar
15:30 – 18:00 Posibilidade de reunións bilaterais coas persoas expertas