O CITIC organiza unha xornada sobre computación cuántica
- As prazas son limitadas a un total de 20 participantes, polo que se recomenda rexistrarse antes do 23 de xaneiro.
O vindeiro xoves 30 de xaneiro, de 12.00 a 13.30, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC abre as súas portas a todas as persoas interesadas en coñecer os segredos da computación cuántica nunha xornada única e gratuíta.
Neste evento, o investigador do CITIC Diego Andrade Canosa ofrecerá unha charla titulada “Computación cuántica contada en 10 minutos”, na que explicará os conceptos clave da computación cuántica de forma breve, de maneira clara e accesible. A actividade está deseñada tanto para os curiosos como para os interesados en profundar no tema sen necesidade de coñecementos previos.
Tras a charla, os asistentes terán a oportunidade de participar nun divertido reto: o xogo QLab, inspirado na computación cuántica e desenvolvido polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Neste xogo, os participantes poderán enfrontarse en dúas liñas de dificultade, “Liña I” e “Liña II”, mentres aprenden e divírtense en equipo. Cada equipo estará formado por un máximo de 4 persoas, que competirán entre si, e a persoa gañadora de cada equipo levará un premio.
A actividade é completamente gratuíta. As prazas son limitadas a un total de 20 participantes, polo que se recomenda rexistrarse antes do 22 de xaneiro para asegurar a súa praza. A inscrición realízase de forma individual a través desta ligazón.
A xornada está organizada polo CITIC coa colaboración do CESGA.