Este sábado 8 de xuño o proxecto Talentos Inclusivos participará en Cullerciencia formando parte da jaima do CITIC, que contará cun programa de actividades desde as 12:00h ata as 14:30h. O evento, que terá lugar no Paseo Marítimo do Burgo, está organizado polo Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo.
Programa jaima nº4: «CITIC-Talentos Inclusivos»
12:00h- 13:00h.- Taller “Ciencia con magnetismo”.
Permanente durante toda a mañá:
Tecnoloxías accesibles.
“Misión espacial Gaia”. Maqueta e lentes de realidade virtual para ver e manipular diferentes obxectos astronómicos estudados pola misión.