O CITIC participa na II Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros
20/03/2023 – CITIC
O pasado venres, 17 de marzo, o CITIC participou na II Feira de Orientación Académica e Profesional, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración con diferentes centros educativos e que tivo lugar Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz.
No evento participaron máis dunha trintena de entidades coa finalidade de orientar académica e profesionalmente a alumnado dos últimos cursos de ensino secundario.
O posto do CITIC contou coa participación dos/as investigadores/as Patricia Concheiro, Manuel Lagos, Carmen Miranda e Laura Rodríguez que mostraron algúns proxectos desenvolvidos no centro, principalmente os dirixidos a mellorar o día a día de persoas con discapacidade. Tivo especial protagonismo o proxecto Talentos Inclusivos, mostrándose algúns dos retos tecnolóxicos desenvolvidos en edicións anteriores como un xogo de mobilidade do IES Agra de Orzán o ano pasado, un timbre inalámbrico e un mando adaptado creados por alumnado do IES Sofía Casanova e un licornio creado no IES Terra de Trasancos. Tamén acudiron persoas usuarias de ASPACE Coruña que participan no proxecto, como María José, Alicia, Manuel, Toni, Daniel, Jorge, Gisela e Joan, xunto aos profesionais do centro, Iria, Patricia, Daniel e Rafa.
O evento contou cunha participación de máis de 700 persoas entre a xornada de mañá, dirixida a escolares, e a xornada de portas abertas da tarde, dirixida ao público xeral.