CITIC
Jornada daño cerebral adquirido (2)

O CITIC participa na IV Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido “Adaptándonos a unha Nova Realidade”

25/10/2022 – CITIC

O pasado sábado 22 de outubro celebrouse na Coruña a IV Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido, organizada pola Fundación María José Jove e ADACECO. No encontro participaron Thais Pousada e Manuel Lagos, en concreto, na mesa redonda “Espazos personalizados de realidade virtual para a neurorrehabilitación”.

Ambos presentaron a tecnoloxía de realidade virtual e os beneficios da súa utilización no contexto da neurorrehabilitación, explicando os diferentes escenarios que se desenvolveron desde o grupo de investigación para este fin, e presentando novo desenvolvementos postos en marcha. Ademais, tamén falaron sobre o novo equipamento tecnolóxico instalado no laboratorio de Realidade Virtual e Localización do CITIC.

Na IV Xornada sobre Dano Cerebral Adquirido abordouse esta doenza desde o ámbito médico e xurídico cunha perspectiva práctica, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias. No evento, tanto profesionais como persoas afectadas coincidiron na necesidade de aumentar os coñecementos e os apoios cara a esta doenza.