
O CITIC participa no Día da Ciencia na Rúa
08/05/2025 - CITIC
Este sábado 10 maio o CITIC da UDC participará no Día da Ciencia na Rúa, cun programa de actividades e talleres durante toda a xornada. O centro TIC ocupará o stand número 60.
O evento, que terá lugar no Parque de Santa Margarita na Coruña de 11 :00 a 19:00 horas, está organizado por Museos Científicos Coruñeses- Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra EMALCSA-UDC. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Deputación da Coruña.
Programa
11.00-14:30h- Quenda de mañá
- Taller de bioinformatica: Lucía Martínez Rodríguez e Carlos Fernández Lozano.
- Realidade Virtual, xogos para o traballo de habilidades cognitivas en persoas con discapacidade intelectual: Iago Fernández Garrido.
- Switch, Mario Kart con adaptación para o manexo de mando a través do tronco ou da cabeza: Paula de Santos Dorrego.
- Xogos personalizados para o ámbito das persoas con discapacidade: “Compra con-migo”. Jorge Rivadulla Brey.
Permanente durante todo o día na jaima:
- Demostración de pintura con produto de apoio de cabeza
- Retos Talentos Inclusivos: Soplador de velas e licornio
- Póster “Sinais e Sensores”
- Póster “Intelixencia artificial verde”
- Can-Robot
14.30-15:30h- Pausa/xantar
15.30- 19:00h- Quenda de tarde
- 15.30-17:00h – Actividade “Pode unha máquina entender o humor, a ironía ou a poesía?”: Olga Zamaraeva, Alberto Muñoz Ortiz e Francisco Prado Valiño.
- 15.30-19:00h – Taller de circuítos e sensores: Paula Castro Castro e Adriana Dapena Janeiro.
- 16:00-19:00h – Taller de intelixencia artificial verde. Daniel García González, María Merelas Ares e Laura Morán Fernández.
- 16:00-19:00h – Realidade virtual para a rehabilitación da man. Andrea Caiña dos Santos.
- 17:00-19:00h – “Misión espacial Gaia”. Maqueta e lentes de realidade virtual para ver e manipular diferentes obxectos astronómicos estudados pola misión. Xabier Pérez Couto.