CITIC

Día da Ciencia na Rúa da Coruña

O CITIC participará cunha caseta propia no Día da Ciencia na Rúa, que se celebrará o vindeiro 7 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. O CITIC foi convidado a formar parte deste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, para mostrar diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos.

O Día da Ciencia na Rúa vén celebrándose desde hai 25 anos e reúne en cada a edición a ducias de centros educativos e milleiros de persoas no Parque de Santa Margarita. Nesta edición haberá un total de 44 carpas de centros educativos, centros universitarios e entidades científicas da provincia.

A carpa do CITIC, que será a nº 1, estará organizada en dúas zonas: mostra de proxectos e Talentos Inclusivos.

Mostra de proxectos

  • 11:00 h a 14:30 h – Aplicacións do magnetismo e da electricidade. Adriana Dapena e Paula Castro, investigadoras do CITIC.
  • 14:30 h a 15:30 h – Pausa
  • 15:30 h a 17:00 h – Realidade virtual para a sociedade. Manuel Lagos, investigador do CITIC.
  • 17:00 h a 18:00 h – COVIDBENS: ciencia de datos na cuantificación do ARN do virus SARS-COV-2 nas augas residuais. Susana Ladra e Ricardo Cao, investigadores do CITIC, e Margarita Poza, investigadora do INIBIC.
  • 17:00 h a 19:00 h – Detector de estrés. Nelly Condori, investigadora do CITIC.

Talentos Inclusivos

  • 11:00 h a 14:30 h – Tecnoloxía para a discapacidade. Patricia Concheiro, investigadora do CITIC.
  • 14:30 h a 15:30 h – Pausa
  • 16:00 h a 19:00 h – Produtos de apoio desenvolvidos na 1ª edición de Talentos Inclusivos.