CITIC

O CITIC participa nunha xornada sobre desenvolvemento sostible organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia

09/03/2021 – CITIC

O CITIC participará o vindeiro mércores 10 de marzo na xornada “Sustentabilidade: Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sostible”, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración co Igape e Abanca e patrocinado por Oesía. O acto está enmarcado no ciclo de encontros empresariais “Pensando no futuro”.

Nesta xornada reflexionarase sobre como desenvolver unha cultura de sustentabilidade nas empresas, debatendo sobre se a Intelixencia Artificial, o Internet das Cousas e o Big Data poden contribuír a un desenvolvemento económico máis sostible e proxectando a economía desde unha perspectiva circular, que vincule innovación, tecnoloxía e sustentabilidade.

O responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación do CITIC, Manuel Bustabad, formará parte da mesa redonda “Pensando e facendo o futuro… tecnoloxía e innovación como ferramentas para o desenvolvemento sostible”.

O evento será híbrido; poderase asistir de forma presencial con aforo limitado ou participar en liña a través de Zoom.

Máis información e inscrición