CITIC

O CITIC participa un ano máis en Cullerciencia

05/06/2025 - CITIC

Este sábado, 7 de xuño, o proxecto Talentos Inclusivos participará en Cullerciencia formando parte da jaima do CITIC, que contará cun programa de actividades desde as 12:00h ata as 14:30h. O evento, que terá lugar no Paseo Marítimo do Burgo, está organizado polo Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo.

Programa jaima nº26: «CITIC-Talentos Inclusivos»

  • Proxecto RePo-SUDOE: Que é a bioinformática? Carlos Fernández Lozano e Lucía Martínez
  • Cátedra INDITEX-UDC: Que é a IA verde? Eva Soto, María Merelas e Daniel Vila de la Cruz
  • Proxecto tuTIC: circuítos e sensores. Adriana Dapena e Paula Castro
  • Proxecto TICARE: Realidade Virtual, xogos para o traballo de habilidades cognitivas en persoas con discapacidade intelectual. Iago Fernández
  • Proyecto TICARE: Switch, Mario Kart con adaptación para o manexo de mando a través do tronco ou da cabeza. Jorge Rivadulla
  • Proxecto Talentos Inclusivos: Demostración de pintura con produto de apoio para a cabeza. Irene Brage