O CITIC recibe a visita da dirección do CHUAC
13/12/2021 – CITIC
O venres 10 de decembro o CITIC recibiu a visita de diferentes representantes da dirección do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. A reunión tivo a finalidade de dar a coñecer o CITIC e as súas capacidades, especialmente no ámbito da saúde, para establecer posibles vías de colaboración entre ambas as entidades.
Por parte do CHUAC, participaron na visita o director de procesos asistenciais, Antón Fernández; o director de atención hospitalaria, Pedro J. Marcos; o subdirector de sistemas de información, Guillermo Vázquez; o subdirector do Hospital Materno-Infantil e responsable do nodo de innovación da área sanitaria da Coruña e Cee, Álex Ávila; a xefa do servizo de oncoloxía, Charo García Campelo; o xefe do servizo de reumatoloxía, Javier de Toro; a xefa de estudos, Rosario López Rico; a responsable de comunicación, Cristina de la Vega; e a directora da Fundación Profesor Novoa Santos, Patricia Rey Pérez.
Recibiron aos asistentes o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, o subdirector, Javier Pereira, e o responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación, Manuel Bustabad.
Tras unha presentación do centro na sala Connect, os representantes do CHUAC realizaron unha visita polas instalacións do CITIC, destacando o Centro de Proceso de Datos (CPD) e o Demostrador Tecnolóxico, onde coñeceron as principais liñas de investigación e proxectos levados a cabo desde o centro no ámbito da saúde.