CITIC
Visita Eusebio da Guarda

O CITIC recibe a visita de alumnado do IES Eusebio da Guarda

27/01/2022 – CITIC

Este mércores 26 de xaneiro o CITIC recibiu a visita de 12 estudantes de bacharelato STEMBach do IES Eusebio da Guarda da Coruña, xunto con 5 profesores e profesoras. 

A visita comezou no Demostrador Tecnolóxico cunha presentación do centro e as súas capacidades por parte do subdirector do CITIC, Javier Pereira. Posteriormente, realizaron unha visita guiada polas instalacións do centro, centrada especialmente no CPD (Centro de Proceso de Datos), da man do responsable da unidade de sistemas, Alejandro Mosteiro.

Para finalizar, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer e probar diferentes proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico nos ámbitos da robótica, a xeolocalización, a realidade virtual e a realidade aumentada, grazas ao investigador Adrián Xuíz.