O CITIC reúnese coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas
09/09/2020 – CITIC
Representantes do CITIC reuníronse este martes con membros da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) co obxectivo de establecer as condicións para un convenio marco de colaboración entre ambas entidades para axudar a dixitalizar os procesos e innovar coa tecnoloxía na atención a usuarios da FEGEREC.
Na reunión presentáronse as capacidades e ámbitos de actuación de ambas entidades. Estiveron presentes, por parte do CITIC, o director, Manuel F. González Penedo; o subdirector, Javier Pereira; o responsable de Transferencia Tecnolóxica e Innovación, Manuel Bustabad; e a investigadora da área de Intelixencia Artificial, Thais Pousada. Por parte da FEGEREC asistiron a directora sociosanitaria, Carmen López; a traballadora social, Patricia Rodríguez; e a responsable da área de Comunicación Externa e Deseño, Lidia Sánchez.
Esta acción enmárcase no obxectivo do CITIC de fomentar a transferencia tecnolóxica á sociedade e de potenciar o uso das TIC por todos os colectivos da sociedade atendendo á súa diversidade.