CITIC
Grupo LBD

O grupo LBD, dirixido pola investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa, recibe un Premio Spin-off PuntoGal

25/10/2021 – CITIC

O grupo de investigación LBD (Laboratorio de Bases de Datos) da Universidade da Coruña, dirixido pola investigadora e membro do Comité de Dirección do CITIC Nieves R. Brisaboa, acaba de recibir o Premio Spin-Off PuntoGal na categoría dedicada a Grupos de Investigación. Estes premios, organizados polo Dominio PuntoGal e o portal GCiencia, teñen o obxectivo de distinguir ás empresas e grupos de investigación galegos máis innovadores.

O xurado destacou o traballo realizado polo grupo desde o ano 1996 no ámbito das tecnoloxías de bases de datos e sistemas de información para a xestión de empresas e entidades, con fitos como a creación da Biblioteca Virtual Galega.

Cabe destacar tamén que a coordinadora do grupo, Nieves R. Brisaboa, obtivo o Premio Nacional de Informática en 2019.

O acto de entrega de premios terá lugar antes de que finalice este ano na Coruña.

Por último, lembramos que na anterior edición foi premiado o grupo VARPA, coordinado polo director do CITIC, Manuel F. González Penedo.