CITIC

O grupo VARPA, dirixido polo director do CITIC, recibe un Premio Spin-Off PuntoGal

06/11/2020 – CITIC

O grupo VARPA (Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns) da UDC, dirixido polo director do CITIC Manuel F. González Penedo, acaba de recibir o Premio Spin-Off PuntoGal na categoría dedicada a Grupos de Investigación.

O xurado destacou o traballo realizado dende hai anos polo grupo no desenvolvemento de programas informáticos para a telemedicina, un campo no que o grupo conta con contratos, patentes e publicacións moi destacadas. Ademais, tívose moi en conta o traballo que está a desenvolver actualmente na investigación para mellorar o diagnóstico nos pacientes de covid-19 e a predición da súa evolución.

O Dominio PuntoGal e o portal  GCiencia colaboran na IV edición destes galardóns, que teñen o obxectivo de recoñecer as mellores e máis innovadoras iniciativas empresariais xurdidas no ámbito das tres universidades galegas.