CITIC

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso, no CITIC

20/05/2024 - CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dunha vintena de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal, en Ponteceso. O grupo, formado por alumnado de 3º e 4º da ESO, forma parte do Club de Ciencias do centro educativo.  

A visita comezou coa presentación sobre que é o CITIC, na que se conta ós asistentes a estrutura e funcionamento do centro, fálase dos equipos de investigación e danse algunhas explicacións sobre as instalacións.  

No Demostrador Tecnolóxico coñeceron a NAO, o robot humanoide capaz de facer demostracións de bailes ou exercicios, e probaron as lentes de realidade aumentada, que periten facer debuxos que interactúan co espazo real.  

No museo dedicado á historia dos videoxogos xogaron ó Mortal Kombat na máquina SEGA Blast City, que data do ano 1996. Tras isto, pasaron polo Laboratorio de Impresión 3D, onde aprenderon sobre o funcionamento e as diferentes impresoras 3D das que dispón o CITIC.  

Xa na Sala de Realidade Virtual explicóuselles o funcionamento do OptiTrack, o sistema de captura de movemento instalado, e probaron diferentes simulacións coas gafas 3D.