CITIC

O IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta visita o CITIC

19/12/2023 - CITIC

O CITIC recibiu esta mañá a visita de 24 alumnas e alumnos de 1.º e 2.º de bacharelato do IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta, que este ano participa de novo na cuarta edición de Talentos Inclusivos.

Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, o alumnado puido coñecer o Demostrador Tecnolóxico onde se presentaron proxectos de robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

Posteriormente, no laboratorio de impresión 3D, explicouse o funcionamento das impresoras de extrusión de plástico, resina e fusión de po.

A visita finalizou no laboratorio de Realidade Virtual e Localización onde se mostrou, entre outros, un supermercado virtual. Neste escenario, os participantes puideron facer a compra de produtos dunha lista ou seleccionar os ingredientes adecuados para preparar unha receita de cociña. 

Durante o encontro recolléronse as opinións dos asistentes, o cual permitirá coñecer o interese do alumnado polas profesións no ámbito STEM.