CITIC

O investigador do CITIC Alejandro Pazos participa no primeiro congreso IA & Hospitality sobre tecnoloxía e turismo

25/03/2024 - CITIC

Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase en A Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a IA e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país.  

O congreso contará coa participación do CITIC a través do seu investigador Alejandro Pazos, que será o poñente principal do encontro coa charla “Só dúas palabras: Intelixencia Artificial”. Pazos acordará como a IA está a revolucionar a forma en que interactuamos coa tecnoloxía, pasando por asistentes virtuais ata sistemas de recomendación e automatización de procesos. A IA transforma industrias como a medicina, a educación, o comercio electrónico ou a atención ó cliente, polo que o investigador do CITIC explicará o impacto positivo que esta tecnoloxía ten na eficiencia, produtividade e toma de decisións.  

O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA. Un total de 40 poñentes participan neste evento no que haberá tamén sete ponencias maxistrais. O evento está organizado por Class One.  

Máis información e inscrición na web do congreso, que é de balde co código CLASSONE-FREE-4ALL: https://1ciayh.com/