CITIC

O investigador Joaquim de Moura obtén o Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática do CPEIG

07/06/2018

O investigador da área de percepción, cognición e interacción do CITIC Joaquim de Moura obtén o Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), polo seu TFM do Máster Universitario en Enxeñería Informática da Universidade de A Coruña, sobre “Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT”.

Mediante a organización deste premio, o CPEIG busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.

O premio será entregado na “X Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” o 15 de xuño en Santiago, evento no que se espera a asistencia duns 400 convidados, entre representantes do empresariado, da Administración Pública, do ámbito universitario e profesionais. Na gala, CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.